filósofo -fa
filósofo -fa
(< lat philosŏphu < gr ϕιλόσοϕος)
-
s
[FILOS]
Persoa que se dedica á filosofía, que procura a verdade desde un punto de vista racional. Pitágoras e Sócrates foron os primeiros en definirse a si mesmos como filósofos ou amigos da sabedoría. Despois, e ata o s XVIII, o termo considerouse como sinónimo de sabio e, inclusive, de científico. Coa Ilustración, o filósofo chegou a ser, en palabras de D. Diderot, aquel que defende o uso da luz da razón. A partir do s XIX, o termo adquiriu un sentido máis técnico e pasou a ser sinónimo de metafísico. No s XX, a filosofía converteuse nun oficio e o filósofo transformouse nunha persoa que ensina esta disciplina dunha maneira retribuída.
-
s
Persoa que sabe soportar ou afronta con serenidade as dificultades da vida.