filosófico -ca
filosófico -ca
(< lat philosŏficu < gr ϕιλοσοϕικός)
-
adx
[FILOS]
Relativo ou pertencente á filosofía.
-
saber filosófico
[FILOS]
Reflexión crítica e sistematizada sobre os fundamentos, os límites e as orientacións dunha ciencia, disciplina ou dun ámbito do saber particular. O alcance desta reflexión limítase a uns campos determinados do coñecemento e da realidade, entre os que destacan a filosofía das artes ou estética, da ciencia, do dereito, da historia, da linguaxe, da moral e da relixión.