Fīrūzābād

Fīrūzābād

Antiga poboación sassánida no ostán de Fārs, Irán. Foi fundada por Ardašir I (226-241) co nome de Kur. Nas aforas da cidade consérvanse restos do palacio do fundador e dous grandes relevos rupestres que representan a coroación de Ardašir I e unha das súas vitorias.