fiscal

fiscal

(< lat fiscāle)

  1. [ECON]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao fisco.

    2. sistema fiscal

      Conxunto de instrumentos establecidos pola administración para regular a obtención de recursos provenientes, en especial, da recadación de impostos. O actual sistema fiscal é o resultado da Lei de Reforma Tributaria do 14 de novembro de 1977, que tiña como eixes básicos a articulación dos grandes impostos, o imposto sobre a renda das persoas físicas, na imposición directa, e o imposto sobre o valor engadido, na indirecta. O resto dos impostos, que teñen un papel coadxuvante, son o imposto sobre sociedades, o imposto sobre o patrimonio e o imposto sobre sucesións e doazóns, entre os directos; e o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o de aduanas, o imposto sobre primas de seguros e os impostos especiais, entre os indirectos. O imposto sobre o valor engadido non entrou en vigor en España ata o 1 de xaneiro de 1986, obrigatorio ao integrarse na Comunidade Económica Europea.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao cargo de fiscal.

  3. s [DER]

    Funcionario que representa e defende xudicialmente os intereses do Estado e da cousa pública; intervén e protexe os intereses dos ausentes, dos menores e dos incapacitados, e promove a investigación e a comprobación dos feitos e a imposición de penas.