flavonoide

flavonoide

(< flavona + -oide)

s m [BIOQ]

Nome xenérico dos compostos fenólicos producidos normalmente polas plantas, cun esqueleto característico que está constituído por dous aneis de benzeno unidos por unha cadea de tres carbonos; a estrutura desta porción é a que se emprega para a súa clasificación. Os máis comúns son as antocianinas (de cor azul, vermella ou purpúrea), as auronas e as calconas (de cor amarela), as flavonas e os flavonois (de cor amarela pálida ou marfil), as catequinas, as leucoantocianidinas e as isoflavonas (incoloras).

Palabras veciñas

flavo -va | flavoenzima | flavona | flavonoide | flavoproteína | flaxelación | flaxelado -da