flaxelación
flaxelación
(< lat flagellatĭōne)
-
s
f
Acción de flaxelar ou flaxelarse.
-
s
f
[HIST]
Castigo penal que consistía en darlle un número determinado de azoutes ou lategazos a un individuo por motivos diversos e con distintos intrumentos. Na Antigüidade foi unha das penas máis xeneralizadas. Nas relixións mistéricas executábase como un acto ritual vinculado aos ritos iniciáticos. A ascese medieval cristiá converteu a autoflaxelación nun método de mortificación e penitencia.