flaxelo
(< flagellu)
-
s
m
Tira de coiro longa, ou doutro material, con mango, que se emprega para flaxelar.
Ex: Os penitentes da procesión golpeábanse co flaxelo.
-
s
m
Aquilo que causa desgracias, calamidades ou dor física e moral.
Sinónimos: azoute, castigo. -
s
m
[BIOL]
Prolongación celular filiforme, longa e contráctil, semellante a un látego, que se pode atopar illada ou en pequenos grupos e que serve como órgano de locomoción nalgúns tipos de células, especialmente en protozoos, gametos móbiles (espermatozoides), bacterias, etc. Os flaxelos das células eucariotas inícianse nos corpúsculos basais do citoplasma, que se comunican co centríolo mediante un filamento ou rizoblasto. Móvense a gran velocidade describindo unha superficie cónica que nas células libres provoca un movemento helicoidal e nas fixas serve para atraer as partículas alimenticias.
-
s
m
[ENTOM]
Parte da antena dos insectos que segue aos dous primeiros artellos, escapo e pedicelo.