azoute

azoute

(< ár as-saūt ‘o látigo’)

  1. s m
    1. Instrumento de suplicio formado por cordas provistas de nós ou picos co que se flaxelaba aos delincuentes.

      Ex: Os monxes atizábanse cun azoute para evitar o pecado.

      Confrontacións: flaxelo.
    2. Calquera instrumento para flaxelar.

      Ex: Fixo un azoute cun feixe de cordas vellas que tiña no faiado.

  2. s m

    Golpe dado con algún obxecto en forma de azoute.

    Ex: A pena por roubar na Idade Media era de cen azoutes.

  3. s m

    Golpe dado nas cachas como castigo.

    Ex: Deille un bo azoute ó neno polo seu mal comportamento.

    Sinónimos: azouta.
  4. s m

    Acción pola que unha persoa ou cousa é causa ou instrumento de calamidades e sufrimentos.

    Ex: Sen dúbida é o azoute da clase, non para quedo.

    Sinónimos: flaxelo. Confrontacións: castigo.
  5. s m pl [HIST/DER]

    Pena que se impuña a certos delincuentes para que foran azoutados.

Palabras veciñas

azoutacristos | azoutante | azoutar | azoute | Azov, mar de | azoxi- | Azpeitia