flocadura

flocadura

(< floco)

s f [ARTE]

Estampaxe realizada con debuxos siluetados que imitan o veludo. Orixinada no s XV en Alemaña, realizábase cubrindo as partes saíntes dun bloque de madeira con cola ou engrudo e despois estampábase nun papel; posteriormente esparexíanse fibras téxtiles sobre as pegadas e fixábanse á cola. A técnica empregouse nos ss XVII e XVIII para crear papeis pintados para as paredes.

Palabras veciñas

flitena | Flix | FLN | flocadura | floco | floculación | floculante