floco

floco

(< lat flŏccu)

  1. s m
    1. Adorno de pasamanería.

    2. Adorno composto por un conxunto de fíos ou cordóns colgantes que se colocan sobre unha vestimenta.

      Ex: Regaleille unha saia de flocos polo seu aniversario.

  2. s m

    Fíos que se desprenden do bordo dunha tea desgastada polo uso.

    Ex: Mercou esta camisa hai un mes e xa ten flocos polas bastas.

  3. s m

    Pelo recortado que cae sobre a fronte.

    Ex: O perruqueiro deixoulle o floco demasiado pequeno.

  4. [ALIM]
    1. s m

      Grumo ou coágulo conseguido a partir de cereais como a avea, o maínzo ou o trigo, que se aplastan, se cocen ao vapor, se volven esmagar e se torran, debendo quedar dourados, lixeiros e crocantes. Foron elaborados por primeira vez en 1894 polos irmáns Kellog en Battle Creek (Michigan, EE UU), e na actualidade popularizados como produto comercial en practicamente todo o mundo. Empréganse para a elaboración de sopas e, sobre todo, para preparacións propias do almorzo.

    2. flocos e millo

      Graos de millo abertos, normalmente por medio dun proceso de torrado, aos que se lles engade sal.

Palabras veciñas

Flix | FLN | flocadura | floco | floculación | floculante | flocular