florón

florón

(< flor)

  1. s m
    1. [ARTE]

      Ornamento en forma de flor que se emprega en arquitectura e pintura.

    2. [ARTE]

      Adorno colocado na clave dunha bóveda ou en calquera cruce de nervios que ten forma de flor. Adoita ser de madeira.

    3. [HERÁLD]

      Adorno en forma de folla, en xeral de apio ou pirixel, posto sobre o círculo dunha coroa.

  2. s m [GRÁF]

    Instrumento de ferro que leva flores, escudos, cruces, etc, gravados en relevo, e que se emprega para adornar os lombos e as cubertas dos libros.

  3. s m

    Feito, mérito ou título que dá esplendor ou honra a alguén ou algo.

    Ex: Esta provincia é o máis belo florón da súa coroa.