frota

frota

(< fr flotte)

  1. s f [MAR]
    1. Conxunto de barcos de guerra, pesqueiros, mercantes, etc, dun Estado ou dun mesmo armador ou empresa armadora.

      Confrontacións: armada, escuadra.
    2. Conxunto de embarcacións dunha mesma provincia marítima.

    3. Conxunto de embarcacións que navegan nas mesmas augas ou que desenvolven unha mesma actividade.

      Ex: A flota do Gran Sol.

    4. Conxunto das embarcacións de regatas ou de deporte dunha mesma serie que adoitan navegar por unhas augas determinadas.

  2. s f [BÉL]

    Unidade estratéxica constituída pola reunión de diferentes escuadras concentradas para realizar unha misión principal. Está integrada pola forza de combate, formada por portaavións, acoirazados e cruceiros cos seus destrutores; a forza de seguridade e de vixilancia, formada por cruceiros lixeiros, destrutores e submarinos; e o tren naval, constituído por barcos de carácter loxístico, como petroleiros e barcos hospital. Para realizar operacións de desembarco, engádese a forza anfibia, composta de lanchas con todo o material das tropas que van saltar a terra.

  3. s f [TRANSP]

    Conxunto de vehículos da mesma clase, como os avións ou camións, pertencentes a unha empresa ou país.

    Ex: Ten unha flota de camións que se dedica ó transporte de conxelados.

Palabras veciñas

Frosinone | Frosinone | Frost, diagrama de | frota | frotis | frottage* | frottola*