frota
(< fr flotte)
-
s
f
[MAR]
-
Conxunto de barcos de guerra, pesqueiros, mercantes, etc, dun Estado ou dun mesmo armador ou empresa armadora.
Confrontacións: armada, escuadra. -
Conxunto de embarcacións dunha mesma provincia marítima.
-
Conxunto de embarcacións que navegan nas mesmas augas ou que desenvolven unha mesma actividade.
Ex: A flota do Gran Sol.
-
Conxunto das embarcacións de regatas ou de deporte dunha mesma serie que adoitan navegar por unhas augas determinadas.
-
-
s
f
[BÉL]
Unidade estratéxica constituída pola reunión de diferentes escuadras concentradas para realizar unha misión principal. Está integrada pola forza de combate, formada por portaavións, acoirazados e cruceiros cos seus destrutores; a forza de seguridade e de vixilancia, formada por cruceiros lixeiros, destrutores e submarinos; e o tren naval, constituído por barcos de carácter loxístico, como petroleiros e barcos hospital. Para realizar operacións de desembarco, engádese a forza anfibia, composta de lanchas con todo o material das tropas que van saltar a terra.
-
s
f
[TRANSP]
Conxunto de vehículos da mesma clase, como os avións ou camións, pertencentes a unha empresa ou país.
Ex: Ten unha flota de camións que se dedica ó transporte de conxelados.