Frost, diagrama de
Frost, diagrama de
[QUÍM]
Diagrama que indica as reaccións de oxidación-redución dun elemento mediante a representación das especies químicas que forma ao gañar ou perder electróns ou ao combinarse con hidróxeno ou osíxeno. A cada especie correspóndelle un punto de abscisa z (número de oxidación que ten o elemento) e de ordenada -DG°/F=zE (onde DG° é a entalpía libre de formación estándar da especie en medio acuoso, E o potencial normal de redución do par que forma co elemento, e F o faraday). Os diagramas permiten deducir os potenciais redox normais entre as especies representadas e mostran as que son inestables á desproporcionación.