armada

armada

(< lat armāta)

  1. s f

    Peza engadida ao carro que evita que se espalle e derrame a carga.

  2. s f [BÉL]
    1. Conxunto das forzas navais dun estado.

      Confrontacións: escuadra, mariña.
    2. Antigamente, conxunto de forzas navais cunha mesma finalidade operativa.

      Sinónimos: mariña.
  3. s f

    Rede que se arma co fin de cazar xabaríns.