Armada

Armada
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe orixinaria do lugar do Casar, parroquia de Vide, partido de Ribadavia. De Galicia pasaron a Asturias e Castela. Entroncaron con distinguidas familias como a dos marqueses de Santa Cruz de Rivadulla e de San Esteban de Natahoyo. É apelido dos últimos marqueses de Figueroa. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre (ou castelo) de prata e, das súas ameas, sae un guerreiro armado, do mesmo metal, empuñando unha espada na destra e unha bandeira na sinistra. Outra variante trae, en campo de goles, un cabaleiro armado (ou muller armada) empuñando unha espada, e coa punta mirando o xefe.