fluxograma

fluxograma

(< fluxo + -grama)

s m [TECNOL]

Gráfico orientado equivalente a un diagrama de bloques, pero de trazado máis sinxelo. Os nodos representan sinais ou variables, e as ramas, relacións entre variables. A frecha que leva a rama indica o sentido do fluxo do sinal, e a letra asociada, o factor de multiplicación que experimenta o sinal do nodo de orixe. A variable correspondente a un nodo dependente toma un valor igual á suma dos sinais incidentes. Tamén se coñece como diagrama de fluxo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

fluxión | fluxionario -ria | fluxo | fluxograma | fluxómetro | fluxus* | Fly