fluxión

fluxión

(< lat fluxĭōne)

  1. s f [PAT]

    Primeiro estadio dunha inflamación, que se caracteriza por un aumento do volume da rexión inflamada e por unha grande achega de sangue.

  2. [FÍS/MAT]
    1. s f

      Termo que introduciu I. Newton para designar o concepto que posteriormente se denominou derivada dunha variable respecto ao tempo.

    2. teoría das fluxións

      Teoría desenvolvida por I. Newton que constitúe o precedente máis inmediato da teoría de derivadas e que utilizou el mesmo para facer os cálculos astronómicos destinados a comprobar a validez das leis da mecánica que enunciara. Unha teoría análoga á das fluxións, pero cunha notación diferente, é a que se utiliza na análise matemática. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].