fluxo

fluxo

(< lat fluxu)

  1. s m
    1. Acción e efecto de fluír.

    2. Movemento dun líquido ou dun fluído.

      Ex: O fluxo do río era tan forte que destruíu a ponte de madeira.

    3. Saída dun líquido ou humor segregado polo organismo.

      Ex: Un dos síntomas da súa enfermidade é o aumento no fluxo lacrimal.

  2. s m

    Movemento ascendente da marea.

    Ex: No telexornal dixeron que o fluxo do mar será ás tres da tarde.

    Antónimos: refluxo. Confrontacións: preamar.
  3. s m

    Movemento de persoas ou cousas dun lugar a outro.

    Ex: O fluxo de refuxiados descendeu nestes últimos días. O fluxo final de votos dun partido a outro supuxo un empate entre os candidatos.

  4. s m [ECON]

    Medición temporal da mobilidade de bens e servicios das macromagnitudes.

  5. [FÍS]
    1. s m

      Movemento de enerxía ou de partículas.

    2. fluxo eléctrico

      Fluxo do vector de desprazamento D dun campo eléctrico. A unidade SI do fluxo eléctrico é o coulomb.

    3. fluxo enerxético/radiante

      Potencia emitida, transportada ou recibida en forma de radiación.

    4. fluxo luminoso

      Magnitude característica dun fluxo radiante que expresa a aptitude de producir unha sensación luminosa avalada segundo os valores de eficacia luminosa relativa. O fluxo luminoso é o fluxo radiante afectado por un factor que ten en conta a sensibilidade do ollo humano mediante as distintas lonxitudes de onda para unha visión fotópica. O símbolo do fluxo é ϕ e a unidade de medida no sistema SI, o lumen.

    5. fluxo magnético

      Fluxo do vector de indución magnética B dun campo magnético. A unidade SI de fluxo magnético é o weber.

  6. fluxo branco [FISIOL/PAT]

    leucorrea.

  7. fluxo de enerxía [ECOL]

    Transferencia de enerxía, que se dá nun ecosistema, dun organismo a outro dun nivel trófico superior.

  8. fluxo dun campo vectorial a través dunha superficie [MAT]

    Dado un campo vectorial A e unha superficie orientable S, integral da superficie de A sobre S. O fluxo elemental de A a través dun elemento de superficie dS é o produto escalar dϕ= A ·d S , onde d S é o vector normal a d S e de módulo d S . O fluxo total de A a través da superficie S é, polo tanto, ϕ=bb s A ·d S .

  9. fluxo magnético [ESOT]

    Axente hipotético e invisible de orde física e vital, que constitúe a esencia dos fenómenos de tipo nervioso, vital ou psíquico. Os ocultistas e os espiritistas introduciron variantes do fluxo magnético como, por exemplo, a do fluxo astral.

  10. fluxo metabólico [ECOL]

    Secuencia de procesos e produtos intermediarios producidos polos diferentes organismos que interveñen na transformación dunha substancia rica en enerxía noutras de máis baixa enerxía, dende o punto de vista do seu posible aproveitamento polos seres vivos.

Palabras veciñas

fluviómetro | fluxión | fluxionario -ria | fluxo | fluxograma | fluxómetro | fluxus*