Fokker
Fokker
Empresa aeronáutica fundada en xullo de 1919 nos Países Baixos por A. H. G. Fokker. Ao longo da súa historia produciu uns 130 modelos de avión, tanto civís coma militares. Construíu avións de terceiro nivel (Fokker 50) e participou en programas internacionais de aviación civil (Airbus) e militar (F-16), e en programas espaciais (dentro da ESA). Creou unha compañía subsidiaria nos EE UU, a Fokker Aircraft USA Inc. En 1996 declarouse en bancarrota e a produción de avións cesou en 1997.