2 fonda
2 fonda
(< lat funda)
s
f
[BÉL]
Instrumento que consiste nunha tira curta dunha materia flexible, especialmente coiro, onde se poñen as bólas de chumbo, barro ou pedras, unida nos seus extremos a dous cordeis que poden ser de diversos materiais, como o esparto, o cánabo ou o liño. Facíase xirar por enriba da cabeza e cando se soltaba un dos extremos o proxectil situado na tira de coiro saía disparado. De orixe incerta, localizáronse vestixios nas antigas culturas de Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.