fondura

fondura

(< fondo)

  1. s f

    Distancia que hai dende a superficie ou a entrada ata o fondo.

    Ex: Esta parte do río ten moita fondura. O túnel ten moita fondura.

    Sinónimos: profundidade.
  2. s f

    Calidade dos sentimentos ou ideas máis fondas dun.

    Ex: Chegoume ó corazón a fondura das súas palabras.

    Confrontacións: profundidade.
  3. s f

    Calidade do que razoa e profundiza nas cousas.

    Ex: A fondura dos seus pensamentos condúcena a conclusións verdadeiras.