fonema
(< gr ϕώνημα ‘son da voz’)
Unidade mínima do plano do significante, carente de significado, que permite distinguir signos lingüísticos entre si. Os fonemas represéntanse convencionalmente con signos entre barras inclinadas (/p/, /b/), para distinguilos das representacións dos sons lingüísticos, que se colocan entre corchetes ([p], [b]). Este termo comezou a empregarse na segunda metade do s XIX para designar un son lingüístico unitario. Nas primeiras décadas do s XX o concepto de fonema foi desenvolvido, principalmente, por N. S. Trubeckoj e R. Jakobson, e tivo continuidade en diferentes correntes lingüísticas. Na escola estruturalista europea o fonema é a unidade fundamental do estudo fonolóxico. Nesta corrente enténdese como un conxunto de trazos ou características distintivas que permiten opoñelo a calquera outro conxunto de trazos que, nesa mesma lingua, poidan aparecer no mesmo contexto e na mesma posición. Así, /p/ oponse en galego a /b/ polo trazo [non voceado] (ou “xordo”) fronte a [voceado] (ou “sonoro”), xa que ambos segmentos poden aparecer na mesma posición e contexto e esa diferenza permite distinguir pares de palabras como capa /’kapa/ e cava /’kaba/. Por tanto, o fonema, aínda que é o segmento máis pequeno en que se pode dividir unha secuencia lingüística, é unha unidade composta de elementos menores: os trazos distintivos ([voceado], [velar], [nasal]). Cada fonema pode ter diferentes realizacións fonéticas -chamadas alófonos- en diferentes contextos e posicións. Noutras tradicións lingüísticas o concepto de fonema ten unha importancia menor e non coincide exactamente coa definición dada máis arriba. En particular, o estruturalismo americano e a fonoloxía xenerativa posterior, situaron como unidades centrais da descrición fonolóxica os trazos, e prestaron atención non só aos trazos distintivos senón a todos os trazos que entran a formar parte dun segmento ou fonema. Nas teorías fonolóxicas que se desenvolveron a partir do modelo xenerativo o termo fonema apenas se utiliza, aínda que segue tendo algún uso para designar un segmento mínimo con propiedades contrastivas, é dicir, que é capaz de distinguir unidades lingüísticas significativas. En galego existen sete fonemas vocálicos, que se encontran en posición tónica -na sílaba acentuada- ou pretónica, e que se representan como /i/ /e/ / ɛ / /a/ / "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ɔ / /o/ /u/. O seu poder distintivo compróbase con parellas de palabras como vin /i/ vs ven /e/ vs vén / ɛ / vs van /a/; pan /a/ vs pon (pres) / "Stone Sans PhoneticIPA";"Stone Sans PhoneticIPA"; ɔ / vs pon (imper) /o/; vas /a/ vs vós / "Stone Sans PhoneticIPA";"Stone Sans PhoneticIPA"; ɔ / vs bos /o/ vs bus /u/, etc. Ademais distínguense entre 18 e 21 fonemas consonánticos na lingua estándar -dependendo de cómo se consideren as semivocais e a nasal velar-: /p/ (parra), /b/ (barra), /t/ (tía), /d/ (día), /k/ (cana), /g/ (gana), /tÙ "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ʃ / (chato), /f/ (fato), / "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ɵ / (cima), /s/ (sima), / "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ʃ / (xato), /m/ (cama), /n/ (cana), /?/ (caña), /?/ (unha), /l/ (falar), /¥/ (fallar), / "Stone Sans PhoneticIPA"; "Stone Sans PhoneticIPA";ɾ / (foro), /r/ (forro), /j/ (boi), /w/ (vou).