Fonte, A

Fonte, A

Publicación política conservadora aparecida en Ourense en 1980 e subtitulada “Boletín informativo de Alianza Popular”. Dirixida por Manuel Rodríguez Suárez, imprimiuse nos obradoiros tipográficos do xornal La Región. Incluíu artigos e colaboracións dos principais representantes do partido nesta provincia e do Estado.