forte-piano*

forte-piano*
  1. s m [MÚS]

    Instrumento creado a principios do s XVIII por Bertomeu Cristofori que, perfeccionado, deu lugar ao actual piano. O uso de martelos recubertos de feltro que percutían nas cordas do instrumento, combinando co dos apagadores, permitía unha gradación de intensidade sonora, imposible cos instrumentos de tecla daquel tempo. Na época moderna pasou a designar os pianos do s XVIII.

  2. s m [MÚS]

    Signo (F p ) que indica que cómpre interpretar un fragmento musical pasando de forte a suave.

Palabras veciñas

Forte | 1 forte | 2 forte* | forte-piano* | Fortes | Fortes Alvarellos, Ricardo | Fortes Bouzán, Xosé