1 forte

1 forte

(< latfŏrte)

  1. adx Antónimos: feble.
    1. Que é duro e resistente.

      Ex: Atouno cun lazo forte para que non se soltase. 

    2. Que é capaz de resistir moito unha presión externa, unha tracción, desgaste ou rotura.

      Ex: Os cristais do escaparate son tan fortes que resistiron a pedrada. 

      Antónimos: feble.
    3. Que esixe moito esforzo ou traballo.

      Ex: Espéranos unha forte semana de exames. Esa é unha tarefa demasiado forte para ti. 

  2. adx Antónimos: feble.
    1. Que ten unha gran potencia ou forza física. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ataque quen queira, que o que é forte espera. Boca pechada é forte coma unha muralla. Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai ao home forte e valente. Dálle tres figas á morte, se mexas claro, cagas duro e peideas forte. Come forte, durme forte, caga forte e non teñas medo á morte. O viño de Ribeiro fai fortes os mozos e remoza os vellos. A razón do máis forte é sempre a mellor razón”.

      Ex: É tan forte que sempre gaña os campionatos de levantamento de pesas. 

      Sinónimos: baril. Antónimos: feble.
    2. Que ten boa saúde.

      Ex: É moi forte, non tivo nin un só catarro en todo o inverno. 

      Antónimos: feble.
    3. Que posúe unha gran forza para resistir moralmente.

      Ex: É moi forte nos momentos difíciles. 

      Confrontacións: baril, valente.
  3. adx
    1. Que ten unha constitución física corpulenta.

      Ex: É un xogador forte de case dous metros de altura. 

    2. Aplícase á persoa de constitución grosa. OBS: Normalmente, úsase como eufemismo.

      Ex: Dixéronlle que estaba forte e pareceulle mal. 

  4. adx
    1. Que supera o normal.

      Ex: Pagou unha forte suma de diñeiro. 

    2. Que se produce ou se sente intensamente.

      Ex: Houbo unha forte treboada que destruíu as colleitas. O forte estrondo facía vibrar a lámpada. 

    3. Que ten poderosos medios ou que é notable ou moi importante.

      Ex: Traballa nunha forte empresa do sector automobilístico. É o home forte da asociación. 

  5. adx

    Que pode impactar ou impresionar polo seu contido.

    Ex: Recoméndoche o libro aínda que a historia é moi forte. 

  6. adx

    Que sobresae nunha materia polo moito que a domina.

    Ex: Está moi forte nas linguas estranxeiras. 

  7. adx
    1. Que é intenso, aplicado a sensacións percibidas polos sentidos.

      Ex: Dende a cociña chegaba un forte cheiro a peixe. 

    2. Aplícase ao alimento pesado ou difícil de dixerir.

      Ex: A fabada é unha cea demasiado forte. 

    3. Aplícase á bebida de alta gradación.

      Ex: Fixeron a queimada coa augardente máis forte que tiñan. 

  8. adx

    Aplícase ao lugar que está dotado ou protexido con elementos de defensa.

    Ex: Pretendían atacar a praza forte. 

  9. adx [LING]

    Que é claramente perceptible, especificamente referido ás vocais a, e, o.

  10. adx [LING]

    Que ten o acento na raíz. Por exemplo, os pretéritos fortes (dixo) e os participios fortes (dito).

  11. adx [NUMIS]
    1. Aplícase á moeda que excedía do peso ou da lei.

    2. Aplícase á moeda de boa calidade ou aliaxe.

  12. adx [NUMIS]

    Aplícase ao real de prata castelán establecido na pragmática de Medina del Campo de 1497, para diferencialo do real de billón.

  13. s m

    Construción ou lugar fortificado.

    Sinónimos: fortaleza. Confrontacións: castelo, cidadela, fortificación.
  14. s m

    Persoa que posúe forza ou poder material.

    Ex: Os fortes sempre van contra os máis débiles. 

  15. s m

    Momento ou parte de maior forza de algo.

    Ex: Reservou o forte do equipo para a segunda metade do partido. 

  16. s m

    Aquilo no que alguén sobresae polo seu dominio ou coñecemento.

    Ex: O seu forte é a historia medieval. 

  17. s m [NUMIS]

    Moeda portuguesa de prata cuñada por Denís I que valía 40 reais. Posteriormente, denominouse tornés.

  18. adv

    Con forza física ou enerxía.

    Ex: Pega forte.

Frases feitas

  • Facerse forte. Fortificarse ou defenderse nun lugar. Ex: Os guerrilleiros fixéronse fortes nas montañas.

  • Forte coma un buxo/un cabalo/un penedo. Que é moi forte e resistente. Ex: É unha moza forte coma un buxo.

  • Manterse forte. Non ceder ou mostrarse inflexible en algo. Ex: Mantívose forte e non cedeu ás presións para vender as súas participacións.

Palabras veciñas

Fortaleza | 1 forte | Forte | 1 forte | 2 forte* | forte-piano* | Fortes