moda
(< fr mode)
-
s
f
-
Uso, maneira ou costume que está en voga durante unha época concreta ou nun determinado país.
Ex: Este libro segue a moda literaria do seu tempo.
-
Uso social que condiciona os hábitos no vestido e no aspecto físico.
Ex: A moda da roupa apertada e pelo longo xa pasou.
-
-
s
f
Conxunto de prendas de vestir de moda. A moda, como feito sociolóxico, estivo sempre asociada á arte, pero é a partir do s XVIII cando apareceu como unha industria. A primeira revista de moda, o Courrier de la Mode, apareceu en 1769. Algúns dos primeiros creadores destacados foron Rose Bertin, modista de María Antonieta, e Charles Frédéric Worth, que durante o Segundo Imperio xa tentou industrializar as súas creacións e mesmo construír factorías para elaborar todos os complementos do vestir. No s XX produciuse unha auténtica revolución no sector da moda co descubrimento das fibras artificiais, a difusión do prêt-à-porter, como feito sociolóxico de igualación e abaratamento do vestir, e a industria da moda converteuse nunha das máis importantes da sociedade de consumo.
A moda galega
Tradicionalmente o sector téxtil en Galicia sempre tivo unha importancia significativa, pero non foi ata a década de 1980 cando comezou o fenómeno coñecido como “moda galega”. Para chegar a ese momento houbo de superar unha forte crise no sector industrial, que supuxera a perda de miles de postos de traballo no eido téxtil, e poñer en marcha o chamado Programa para o Desenvolvemento do Sector Téxtil en Galicia. A iniciativa, de carácter privado, agrupou os empresarios máis destacados do momento e os novos deseñadores. Baseándose nunha estratexia deseñada polo publicista Luís Carballo, promotor da revista Galicia Moda e da pasarela Luada, e co protagonismo das empresas téxtiles de Galicia, os resultados económicos confirmaron o éxito da proposta. De feito, en menos dunha década creáronse máis de 300 empresas e 700 obradoiros dedicados á fabricación de roupa, comezaron a funcionar máis de 100 cooperativas e creáronse uns 2.000 postos de traballo, cunha facturación que a finais da década de 1980 superaba os 600 millóns de euros e a principios do s XXI (2002) os 4.000 millóns, con máis de 30.000 persoas empregadas neste sector. Pero se hai algo que caracteriza a moda galega como tal, é a diferenciación do produto, novidoso e de calidade, acompañado dunha imaxe de vangarda, e cunha distribución propia en todos os mercados mundiais, seguindo o modelo italiano. A iso contribuíron as grandes firmas e os deseñadores, como Caramelo, Pili Carrera, Cortemans, Adolfo Domínguez, Daquino (Gene Cabaleiro), Kina Fernández, Montoto, Mundo Novias, Antonio Pernas, Pressman (Aldo Mangili), Toypes, Unicén (Julio Novoa), Roberto Verino e Zara, entre outros. De todos eles, os máis sobresaíntes son, sen dúbida, o grupo Inditex, creado ao redor de diversas firmas por Amancio Ortega, que constitúe unha das potencias mundiais no sector da moda; e Adolfo Domínguez. Finalmente, cómpre salientar o labor dos novos creadores galegos, como María Barros, Marisa Otazo, Jesús Sáez, Olga Santos ou Cristóbal Vidal que, xunto cos xa consagrados, amosan a moda galega nas principais mostras internacionais, como o Salón Gaudí (Barcelona), a Pasarela Cibeles (Madrid), Colonia, Londres, Milán, Nova York ou París. -
s
f
[MAT]
alor do dato ou da observación máis frecuente nun conxunto de datos ou observacións. É unha característica de tendencia central. Pode darse o caso de existir dúas ou máis modas ou valores modais nunha mesma distribución. OBS: Tamén se denomina valor modal.
-
adx
[FILOS]
Aplícase ao elemento musical que ten unha relación determinada co modo ou modalidade.
-
s
m pl
Aplícase ao xuízo ou proposición que expresa que algo é posible ou imposible, necesario ou continxente.
Ex: Os seus modais reflicten unha falta de educación.
-
valor modal
[MAT]
Conxunto de actitudes habituais nunha persoa no trato cos demais.
-
moda.
Frases feitas
-
Á moda loc adv De acordo coas tendencias actuais. Ex: Anda sempre á moda.
-
Pasar de moda. Deixar de ser moda. Ex: Esta música xa pasou de moda.
-
Á moda de. Segundo o uso ou costume de. Ex: Ten a casa á moda das construcións tradicionais.
-
De moda loc adv Expresión que se aplica á aquilo que é moda. Ex: Esta cor púxose de moda.
Refráns
- A moda é para moitos a súa Nosa Señora.
- O que é moda non incomoda.