modalidade
(< modal)
-
s
f
Forma particular ou variante de algo.
Ex: É o deportista máis destacado na súa modalidade.
-
s
f
[FILOS]
Calidade das proposicións ou dos xuízos modais. Segundo Aristóteles a modalidade, ou modo con que S e P se unen no xuízo, pode ser de catro tipos: de posibilidade, de imposibilidade, de continxencia ou de necesidade. Máis radical foi a postura de I. Kant ao establecer a modalidade como a función que non afecta á materia do xuízo, senón só ao valor da cópula. Tamén distinguiu os tipos de realidade, de continxencia e de necesidade como tipos de modalidade propios, respectivamente, dos xuízos asertorios, problemáticos e apodícticos, dos que derivan as correspondentes tres parellas de categoría modal (existencia-inexistencia, posibilidade-imposibilidade e necesidade-continxencia).