modalismo
modalismo
(< modal)
s
m
[HIST/RELIX]
Doutrina cristiá, coñecida tamén como monarquianismo e patripasianismo, segundo a cal Deus é unha soa e única persoa, chamada Pai, Fillo ou Espírito Santo só en relación coa súa tripla manifestación cara ao mundo. Estendido durante os ss II e III, Sabelio foi o seu máximo representante. Combatido por Hipólito de Roma, Tertuliano e Dionisio de Alexandría, foi condenado polo papa Calixto I (217-222). Desapareceu primeiro de Roma e definitivamente cara a 260.