Moeche, castelo de

Moeche, castelo de

Construción situada en Moeche. De orixe incerta, durante as Guerras Irmandiñas acudiu ao lugar unha partida en busca de Nuno Freire de Andrade que, ao non atopalo, derrubaron o castelo. Despois do fracaso, os sublevados tiveron que reconstruílo. Ten planta octogonal cunha torre cadrada arrimada e un patio de armas de planta irregular. Destaca a torre da homenaxe co seu foxo e os muros ben conservados. Conserva os escudos de armas dos Enríquez, Valcárcel e Casas de Osorio. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

modus* | Moeche | Moeche | Moeche, castelo de | moeda | moedaxe | moedeiro -ra