moedeiro -ra

moedeiro -ra

(< moeda)

    1. s

      Persoa que fabrica moeda.

    2. s [NUMIS]

      Persoa que traballaba na casa da moeda. Inicialmente, a moeda arrendábase a un artesán, xeralmente a un ourive, que a fabricaba. Co tempo organizáronse as casas reais da moeda e foron creados diversos oficios especializados, como o de mestre da casa da moeda, probador, pesador, fundidor, branqueador, cortador de ferros, escribán, garda e moedeiro. Nestes documentos aplícase o nome de moedeiros ás persoas que facían a cuñaxe da moeda. Os funcionarios das casas da moeda obtiveron importantes privilexios, entre eles o de non estar suxeitos á xurisdición civil e criminal do alcalde da cidade, senón á do mestre da casa da moeda.

    3. moedeiro falso NUMIS [NUMIS]

      Persoa que fabrica moeda falsa.

  1. s m

    Bolsa pequena ou carteira de coiro ou outros materiais que se emprega para gardar as moedas.

    Sinónimos: portamoedas.

Palabras veciñas

Moeche, castelo de | moeda | moedaxe | moedeiro -ra | moedura | 1 moega | 2 moega