Mondragón

Mondragón
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que leva, en campo de goles, un xevrón de ouro, acompañado de tres dragóns do mesmo, dous no alto e un no baixo. Outra variante trae, en campo de goles, dous dragóns de ouro, enfrontados, cun B entre as súas fauces; bordo de azul, cargada de oito cunchas de vieira de ouro.