monetarismo

monetarismo

(< monetario)

s m [ECON]

Corrente do pensamento económico que outorga unha importancia fundamental ao diñeiro nas flutuacións económicas. Fronte á interpretación do keynesianismo da determinación do nivel de utilización dos recursos, que puña a énfase principal nos aspectos reais da economía e que preconizaba a unificación do gasto público fiscal, produciuse unha reactivación do papel da oferta monetaria na determinación do nivel de actividade. O principal abandeirado desta corrente, Friedman Milton, recomendou unha política monetaria “neutra” por parte do estado, co fin de impedir que os termos entre medidas de política monetaria e a súa integración nas expectativas dos axentes económicos provoquen efectos contraproducentes.