monetización

monetización

(< monetizar)

s f [ECON]

Conxunto de operacións económicas, técnicas e xurídicas que levan á formación da moeda, a través da que os cartos acadan a legalidade que permite o seu uso xeneralizado e posibilita o control das transaccións monetarias. O diñeiro, dado que ten que gozar dunha aceptabilidade xeral, é unha institución social, carácter que é expresado na legalidade da utilización de determinados bens como moeda. Fálase de monetización da débeda pública referíndose ao mecanismo polo que os títulos de débeda pública emitidos e garantidos polo estado son convertidos en moeda de curso legal.

Palabras veciñas

monetarismo | monetarista | monetita | monetización | monetizar | Monfaval | Monfero