Monterreal, casa de

Monterreal, casa de

Construción situada en Tortoreos (As Neves). Ten planta rectangular, dous andares e un acceso ameado. O paso á adega realízase a través dun arco de medio punto. Ten unha capela exenta que na súa orixe se dedicou a santo Ildefonso, e dúas inscricións na fachada, que fan referencia á data de construción do edificio (1621) e a unha bendición do mesmo que tivo lugar no s XIX.

Palabras veciñas

Montero, Rosa | Montero, Suso | Montero, Xosé María | Monterreal, casa de | Monterrei | Monterrei | Monterrei