Monterrei
Monterrei
Primeiro obradoiro tipográfico que existiu en Galicia, que editou o Misal Auriense (1494, Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras), primeira obra que se imprimiu alí. Cando faltou o apoio do conde de Monterrei os impresores marcharon, aínda que en 1496 se instalou outro obradoiro, o de Juan Gherlinc, impresor do Manual Bracarense. Aínda que non existe certeza absoluta, parece que tamén saíu desta imprenta a Relación de reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1495, Rodrigo de la Pasera) e a Bula de indulxencias aos confrades do Santísimo Cristo da Catedral de Ourense. Inocencio VIII. Roma, 20 de abril de 1487 (1496, Juan Gherlinc).