2 mora

2 mora

(< lat mora)

  1. [DER]
    1. s f

      Retardo inxustificado no cumprimento dunha obriga, ou obstaculización inxustificable no cumprimento desta obriga.

    2. mora do acredor

      Negativa inxustificada a aceptar a prestación correcta ofrecida polo debedor.

    3. mora do debedor

      Retardo culpable no cumprimento dunha obriga, que ten como efecto a indemnización de danos e prexuízos.

  2. s f [LIT]

    Unidade mínima de medida do ritmo na prosodia latina, que na medida do verso corresponde a unha sílaba breve (d), por oposición á longa (q), que equivale a dúas moras.

Palabras veciñas

Mor van Dashorst, Anthonis | 2 mor* | 1 mora | 2 mora | 3 mora | Mora | Móra d’Ebre