Xunqueiras, torre-fortaleza das
Xunqueiras, torre-fortaleza das
Construción situada en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Construíuse en cantaría no s XV, pero ampliouse e mellorouse durante os ss XVI e XVII, polo que presenta algunhas características do estilo gótico e renacentista. Ten dúas alturas e planta rectangular que se organiza arredor dun patio central, cadrado. A fachada principal, do s XVI, remata na esquina dereita cunha torre de catro alturas. A porta conforma un arco de medio punto e sobre ela colocouse un escudo. Ademais da familia Xunqueiras, foron os seus propietarios os Ribadeneira e os Gasset. Foi declarado BIC en 1981.