Xunta Democrática

Xunta Democrática

Organismo creado en Galicia polo Partido Comunista de Galicia (PCG) en 1975 como reflexo da Junta Democrática promovida polo PCE no ámbito español. Contou cun programa reformista, e defendeu a necesidade de que a monarquía se sometese a referendo. Non conseguiu apoios entre outras forzas políticas e posteriormente integrouse na Táboa Democrática de Galicia.