bacitracina
bacitracina
(
s
f
[MICROB/MED]
Antibiótico de molécula polipeptídica producido por algunhas cepas de Bacillus licheniformes, e de B. subtilis. Preséntase en forma de pos brancos, amargos, higroscópicos, moi solubles en auga e alcohol de 96°. Presenta un amplo espectro microbiano, pero non se pode empregar vía parenteral xa que produce lesións renais, nin por vía oral, porque se destrúe no aparato dixestivo. Non obstante é moi empregada en aplicacións tópicas sobre feridas, afeccións da pel, ollos, etc.