Bacon, John
Bacon, John
o Vello (Southwark 1740 - Londres 1799) Escultor. Membro da Royal Academy (1761). Iniciouse como modelador nunha fábrica de porcelana. Autor de obras de tema clásico (Eneas), de esculturas de personaxes da súa época (Xurxo II, Pitt) e dalgúns mausoleos na abadía de Westminster (monumento funerario ao conde de Chatman, 1779-1783). A súa obra máis importante é o monumento a Thomas Guy (1779, Guy’s Hospital). Publicou as Investigacións sobre o carácter da pintura e da escultura no dicionario de Chambers. O seu fillo John Bacon, o Mozo (Londres 1777-1859), continuou a súa obra.