Baiona

Baiona
[ONOM]

Apelido que probablemente ten a súa orixe no topónimo pontevedrés do mesmo nome, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que nalgúns casos remita aos seus homónimos portugueses e francés. A etimoloxía do topónimo é escura; podería remitir ao vasco ibai-ona ‘río bo’ ou estar relacionado con topónimos como Baión (Vilanova de Arousa), El Bayón (Huelva), Bayones (río de Cantabria), La Bayona (Toledo) ou Bayones (Asturias), que semellan proceder da base celta latinizada bedus (formado coa raíz bed-/bod-/bud- ‘regato’). Documéntase no s XIII: “Joan Faveyro de Bayona” (doc ano 1266 en E. Portela Silva “La región del obispado de Tui en los siglos XII-XV, Compostellanum 20, P 362).