Baiona, condado de
Baiona, condado de
    
    
            
        
        
        
        
        
            
    
            
    
    
    
                [HIST/HERÁLD]
        
        
                    
Título outorgado polo monarca Afonso XII mediante Real Decreto do 4 de agosto de 1875 a Manuel Misa y Bertemati, nado na vila de Baiona no ano 1816. Manuel Misa, senador do Reino, deputado a Cortes por Jerez de la Frontera e condecorado coas grandes cruces de Carlos III e de Isabel a Católica, foi tamén nomeado marqués de Misa e grande de España. As súas armas son as mesmas ca as dos Misa; isto é, escudo cuarteado: o primeiro cuartel leva, en campo de goles, unha faixa de azul, perfilada de ouro; o segundo cuartel ostenta, en campo de prata, un león rampante de goles; o terceiro cuartel trae, en campo de ouro, un león rampante de goles; e, finalmente, a cuarta partición amosa, en campo de azul, unha faixa de prata.
