Baiona, porto de
Baiona, porto de
    
    
            
        
        
        
        
        
            
    
            Instalación portuaria situada no litoral da cidade de Baiona, sede de capitanía marítima. Acolle unha flota pesqueira dedicada á pesca de baixura, e posúe ademais peiraos para a ancoraxe de embarcacións deportivas, capítulo no que é un dos principais portos de Galicia. A súa oferta comercial abrangue todos os servicios de abastecemento (combustibles, efectos navais, etc) e reparacións para buques de pequeno calado e de recreo. A administración do porto de Baiona correspóndelle á Xunta de Galicia a través da sociedade Portos de Galicia.
