baixa
(
-
Baixal.
-
s
f
Acción de descender a un nivel máis baixo algunha cousa.
Ex: Houbo unha baixa xeneralizada das notas no instituto.
Sinónimos: diminución, baixada, baixada. Antónimos: suba, subida. -
s
f
Cesamento de xeito temporal ou definitivo nun corpo, emprego, profesión, cargo ou posto de traballo que desenvolve unha persoa.
Ex: Pediu a baixa como tesoureiro da asociación. Esta empresa ten moitas baixas por maternidade.
Antónimos: alta, alta. -
s
f
[BÉL]
Perda dun individuo para o servizo activo. Segundo a causa fálase de baixas fóra de combate e baixas en combate.
Ex: A Guerra de Kosova causou numerosas baixas.
-
s
f
[DER]
Antónimos:
alta,
alta.
-
Declaración pola que unha persoa, unha industria, un vehículo, etc, quedan excluídos dun padrón, dun censo, dun rexistro, a efectos tributarios, de exercicio de actividades, estatísticas, de cesamento no traballo por finalización da relación laboral, de requisa militar ou con outras finalidades diversas.
Ex: O coche vello do meu avó xa está dado de baixa.
Antónimos: alta, alta. -
Declaración facultativa pola que o traballador cesa temporalmente da súa actividade laboral como consecuencia dunha enfermidade ou dun accidente.
Ex: Despois do accidente tivo que coller varias baixas.
Antónimos: alta, alta.
-
-
[ECON]
-
s
f
Diminución do prezo, do valor dalgunha cousa no mercado.
Ex: Non acabo de crer a prometida baixa dos combustibles.
Sinónimos: depreciación, desvalorización. -
estado de baixa
Descenso de tipo xeral na cotización dos valores bolsistas.
-
s
f
-
s
f
[MAR]
baixamar.
-
s
f
[METEOR]
Depresión ou rexión de presión baixa debuxada no mapa do tempo por unha serie de liñas isobáricas cortadas, con valores decrecentes cara ao centro.
Frases feitas
-
Dar/darse de baixa. Excluír ou deixar de pertencer de xeito definitivo ou temporal a algunha asociación, algún corpo ou a algún cadro de persoal. Ex: Dérono de baixa porque o seu rendemento non foi o esperado.
-
Estar/ir en baixa. Perder valor, ánimo ou forzas.
-
Pedir a baixa. Solicitar un cesamento temporal nalgún traballo.
-
Xogar á baixa. Especular coa previsión da baixa de valores mercantís ou públicos.