Baixa California Sur

Baixa California Sur

Estado federado de México, situado na península de Baixa California (73.475 km2; 375.494 h [1995]). A capital é La Paz (137.641h [1990]). Está formada por unha longa e larga chaira litoral e aliñacións montañosas como a Sierra de la Giganta. A actividade máis importante é a agricultura, debido aos proxectos de irrigación que aproveitan as augas subterráneas, seguida da pesca e da gandería.