balancín

balancín

(

  1. s m

    Barra móbil dun motor que transforma en circular o movemento rectilíneo producido por unha forza aplicada sobre un pedal ou unha panca.

  2. s m

    Barra usada en exercicios acrobáticos para manter o equilibrio.

  3. s m

    Barra metálica con asentos nos extremos que se pode mover alternativamente arriba e abaixo apoiada sobre un pé central.

  4. s m

    Cadeira con brazos apoiada sobre dous arcos para poder abaneala adiante e atrás.

  5. s m

    Asento colgante provisto de toldo, usado en xardíns, terrazas, etc.

  6. s m

    Pao un pouco curvado que se leva nos ombros, de cada un dos lados cólgalle un caldeiro, usado para carrexar auga.

    Ex: Na China moita xente carrexa auga no balancín.

  7. s m [MAR]

    Aparello para a pesca, empregado para a captura de especies de diferentes tipos. Conformado por un arco de ferro cun chumbo na súa metade, lugar onde se amarra a liña ou sedela que leva pendurados os anzois. Unha variante deste aparello consiste nunha dobre vara de ferro, o que permite separar as liñas á vontade. Nesta variante, o chumbo vai igualmente na metade do arco de ferro, pero pendurado dun fío.

Frases feitas

  • Facer balancín. Bambearse nun arrandeadoiro.

Palabras veciñas

balancela | balanceo | Balanchine, George | balancín | balandra | balandrán | Balandrán, El