Balandrán, El

Balandrán, El
[PUBLIC]

Periódico satírico de Pontevedra que apareceu o 4 de abril de 1903. Cesou no segundo número. Os medios anticlericais da cidade de Pontevedra botaban á rúa este “periódico de circunstancias”, un xogo satírico e antixesuítico de vida efémera porque o gobernador civil suspendeu a súa publicación pola excitación reinante. O clima antixesuítico foi consecuencia da axitación clericalista e católica que trouxo a estrea de Electra de Pérez Galdós.

Palabras veciñas

balancín | balandra | balandrán | Balandrán, El | balandro | balánico -ca | balanífero -ra