balandro
balandro
(< balandra)
-
s
m
Balandra pequena.
-
s
m
[MAR]
Balandra de coeficientes de finura moi pequenos e grande altura metacéntrica, construída especialmente para as regatas. Os diferentes monotipos de balandro son moi numerosos e moitos deles, como o vaurien, o snipe, o 505, o flying dutchman, constitúen series internacionais.
-
s
m
[MAR]
Embarcación costeira de pequenas dimensións, con cuberta e aparellado, de proa a popa, cun só mastro e un bauprés fixo. Con anterioridade á adopción do vapor nas embarcacións, os balandros de guerra (corvetas) tiñan un aparello inferior ao das fragatas e unicamente montaban canóns sobre a ponte superior.