Westfalia, Paz de
Westfalia, Paz de
Acordos asinados simultaneamente en Münster e Osnabrück, o 24 de outubro de 1648, que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos. Alemaña saíu descomposta dela e Francia foi a gran triunfadora, pois obtivo os bispados de Metz, Toul e Verdún, dez ducados en Alsacia, o Sundgau e as cidades de Breisach e Pinerolo. Suecia recibiu a Pomerania occidental, a cidade de Stettin e as illas de Rügen e Usedom. Brandeburgo, protexido por Francia, recibiu o principado de Cammin, Pomerania oriental, os bispados de Halberstadt e Minden e o ducado de Hohenstein. Mecklenburg recibiu os bispados de Schwerin e Ratzeburg. O Palatinado renano foille restituído a Carlos Luís, fillo de Federico V. Foi recoñecida a independencia dos Países Baixos e Suíza.